top of page

A Xunta avanza no proxecto de ampliación do parque empresarial de Lalín 2000

Dotará á comarca de Deza de 313.497 m 2 máis de solo industrial


Laura Moure/Lalín

A Xunta de Galicia avanza na redacción do proxecto de urbanización da ampliación do Parque Empresarial Lalín 2000, tras a remisión por parte do Concello de Lalín dos informes sectoriais incorporados ao documento definitivo cuxa elaboración concluirá no vindeiro mes de setembro. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana un encontro co alcalde de Lalín, José Crespo, no que analizaron as distintas demandas e necesidades do concello en materia de solo industrial.

Na reunión, a conselleira indicou que o obxectivo é dotar a comarca do Deza do solo empresarial necesario que contribúa ao seu desenvolvemento económico, facilitando o asentamento de novas iniciativas empresariais ou a ampliación das xa existentes, xa que

nestes momentos non hai espazo dispoñible. Así, coas novas actuacións, o Parque Empresarial Lalín 2000 contará con 313.497 m 2 , que se sumarán aos 536.758 m 2 actuais, polo que este polígono disporá dunha superficie total de 850.255 m 2 .


O proxecto de urbanización foi aprobado inicialmente polo Concello de Lalín que, tras o proceso de exposición pública, remitiu todos os informes sectoriais a Xestur para a

elaboración do documento final, que se aprobará definitivamente no mes de setembro. Así mesmo, a previsión é que a 4ª fase do Lalín 2000 se licite dentro do último trimestre do ano.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Goberno galego, a través de Xestur, ten previsto unha inversión de 22,6 millóns de euros para ampliar nun 58,4% a capacidade do parque. Deste xeito, xa investiu 4,5 millóns de euros para adquirir a totalidade dos terreos e ten cedido temporalmente as parcelas ao

centro social de Filgueira. Ademais, xa destinou 366.000 euros para o reforzo da subestación eléctrica e está a tramitar a autorización da liña de media tensión dende a subestación ata o parque.


Máis solo industrial na provincia de Pontevedra

A Xunta de Galicia está a impulsar diferentes proxectos para dotar a provincia de Pontevedra de máis solo industrial. Ademais da Fase IV do parque empresarial de Lalín

2000, está prevista a ampliación do parque empresarial de Toedo (A Estrada), con 156.685 m 2 ; e o de Louredo-Mos, con 479.464 m 2 , que xa superaron a fase ambiental dos seus instrumentos de ordenación.


O pasado mes de maio adxudicou o proxecto de urbanización de 86.964 m 2 no antigo Centro de Transporte e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (Pontevedra), que está ao carón do polígono do Campiño e o parque empresarial da Reigosa (Ponte Caldelas).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, ese mesmo mes remitiu a tramitación ambiental o proxecto do Peose do Parque Empresarial de Fragamoreira (Poio), que sumará 374.229 m 2 máis de solo para uso

industrial.


Nas vindeiras semanas remitirá a tramitación ambiental a ampliación do parque empresarial do Campiño (Pontevedra), cunha superficie 160.000 m 2 . Por outra banda, actualmente están en licitación a redacción do Peose da ampliación do polígono industrial

do Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa, cunha previsión de ampliar 212.254 m 2 de solo industrial; e a licitación da denominada MI (área multifuncional industrial) da Plisan, cunha

previsión de ampliala en 1,1 millóns de metros cadrados. En total, estas actuacións suman case 3 millóns de metros cadrados de solo empresarial que estarán á disposición das empresas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page