A Xunta avalía o avance das obras da nova residencia e centro de día para persoas maiores de Dozón
- ecosdacomarca

- 9 nov
- 1 Min. de lectura
Contará con 58 prazas e o de atención diúrna terá 20 destinadas ao coidado e atención dos maiores
Laura Moure/Dozón
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou as obras da futura residencia e centro de día para persoas maiores de Dozón, que será de titularidade municipal. O proxecto, que ten un orzamento de 4 millóns de euros, conta cun investimento da Xunta de 1,5 millóns de euros e a vindeira semana asinarase unha ampliación da vixencia do convenio para o financiamento das obras ata xuño de 2026, co fin de facilitar o seu remate.

O xerente do Consorcio, que estivo acompañado do alcalde, Adolfo Campos, sinalou que este proxecto é unha mostra máis do modelo de coidados centrado na proximidade e no rural que impulsa a Xunta a través do Plan de de investimentos de 18,5M€ co que o Goberno galego financia –con fondos europeos Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia– máis dunha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de centros de día ou residenciais. Así, destacou que a Xunta financiará con 1,5 M€ as obras do futuro centro, que contará con 58 prazas de residencia e 20 de atención diúrna.
Publicidade
En concreto, a Xunta financia con 1,5 millóns de euros este proxecto de Dozón, que é o concello que maior achega recibe do Goberno galego no marco deste Plan. Neste caso, o proxecto suporá a creación dun complexo con 20 prazas de atención diúrna e 58 de carácter residencial.







Comentarios