top of page

A Xunta aproba a declaración de utilidade pública de tres parcelarias en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de onte declarar de utilidade pública tres reestruturacións parcelarias correspondentes a outras tantas zonas do concello de Agolada. Trátase das de Agra-O Sexo-Val de Sangorza; Basadre-Eidián-Ramil; e A Baíña-Berredo-Órrea. Así mesmo, decláranse as tres áreas como zonas de actuación agraria prioritaria. Mentres quedaría fóra a de Sesto e Brocos.

Deste xeito dáse un impulso clave ao desenvolvemento destes procesos, que foron solicitados hai décadsa polos propios veciños interesados. Atendendo esta petición, fixéronse informes de avaliación da iniciativa, consonte criterios técnicos, todos eles con resultado positivo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Así pois, con esta medida dáse pulo a tres procesos, que abranguen, en conxunto, preto de 4.500 hectáreas, distribuídas en algo máis de 25.000 parcelas. Nesta superficie hai un total de 117 explotacións activas, na súa maioría de vacún de leite e carne, porcino e – moi residualmente– de equino, ovino e cabrún. Delas, 36 explotacións están nos terreos da parcelaria de Agra-O Sexo-Val de Sangorza, outras 36 na de Basadre-Eidián-Ramil e 45 na da Baíña-Berredo-Órrea. A parcelaria de Agra-O Sexo-Val de Sangorza acada unha superficie de 1.479 hectáreas, distribuídas nunhas 10.681 parcelas, que teñen unha superficie media de 1.385 m². A de Basadre-Eidián-Ramil ten unha superficie de 1.525 hectáreas distribuídas nunhas 4.492 parcelas cunha superficie media de 3.395 m². Por último, a da Baíña-Berredo-Órrea ten unha superficie de 1.487 hectáreas. Neste caso o terreo distribúese nunhas 9.835 parcelas cunha superficie media de 1.512 m².

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Cabe mencionar que no caso destas parcelarias o expediente contou cunha inversión duns 800.000 euros durante o bipartito para realizar estudios previos e cunha Declaración de Impacto Ambiental xa en 2009. Tamén hai que destacar o traballo incansable da Asociación Queremos Parcelarias en Agolada.


No concello de Agolada leváronse a cabo un total de 13 procesos de concentración parcelaria: Brántega, Carmoega, Cornella, Esperante, Ferreiroa, Galegos-Eidián, monte da Lagoa, monte de Carral, monte de Merlín, monte de Quinteiro-Couso-Meixide, monte de Serra e Fontenla, Santa Comba-Belpellós e Trabancas. O desenvolvemento de todos estes procesos afectou un total de 5.323 hectáreas, pertencentes, en conxunto, a 2.121 persoas propietarias, e nos cales se pasou de 19.605 parcelas de achega a 4.876 predios de substitución.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page