top of page

A Xunta aposta en Lalín pola adaptación do comercio galego aos novos retos

23 oct
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, participou en Lalín na clausura institucional da xornada Comercio conectado, impulsada pola Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia). Alí, destacou a importancia da colaboración cos axentes implicados no sector comercial co gallo de organizar actos como o de hoxe no que, en concreto, se abordaron a dixitalización e a intelixencia artificial aplicadas a este eido económico.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na xornada na que tamén estiveron o alcalde de Lalín, José Crespo, e o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, analizáronse cuestións como a venda en liña e os dereitos das persoas consumidoras, así como as vantaxes e riscos que presenta a internet para os negocios.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O director xeral defendeu na súa intervención a necesidade da formación para fortalecer o comercio retallista ante a transformación dos hábitos de consumo e os novos desafíos económicos e dixitais, consolidándoo como clave para a xeración de emprego e a dinamización do territorio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page