A Xunta anuncia o arquivo do proxecto de Altri na Ulloa
- ecosdacomarca

- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/A Ulloa
Aa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, informou este venres, 20 de febreiro, que a Xunta iniciou xa o arquivo do expediente de Altri, que pretendía instalarse en Palas de Rei. En concreto, a conselleira indicou que xa lles notificaron á compañía lusa que dispón de tres meses para presentar alegacións contra o peche.

Publicidade
Lorenzana indicou en declaracións á prensa que esta decisión ten que ver con a imposibilidad de conectar a planta á rede eléctrica. https://www.ecosdacomarca.com/post/ulloa-viva-esixe-%C3%A1-xunta-que-denegue-xa-as-autorizaci%C3%B3ns-%C3%A1-macrocelulosa-de-altri
Publicidade
A Plataforma Ulloa Viva xa se pronunciou tamén hoxe: "Coa forza de todas nós! A Xunta anunciou hoxe o arquivo do proxecto de Altri na Ulloa. Desde a Plataforma Ulloa Viva acollemos este anuncio con toda a cautela, mais con grande ledicia, logo do traballo e da implicación de milleiras de veciñas e veciños das nosas comarcas e de todo o pobo galego".
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

"Temos claro que se fomos quen de chegar a este punto foi grazas a ti, á túa forza, á forza do traballo colectivo, á forza de todo un pobo que quere un futuro na súa terra. Queremos tamén agradecer o apoio solidario a todas as persoas e organizacións de fóra do país que estiveron e están con nós nesta loita", recalca a plataforma.








Comentarios