top of page

A Xunta amplía o prazo para solicitar axudas por danos de incendios forestais

O obxectivo é incluír aos afectados nos lumes rexistrados tras o verán


Ecos da Comarca/Xeral

ree

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou este luns modificar o decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia durante o verán de 2025 co obxectivo de que tamén poidan acceder a estas achegas “os danmificados por incendios máis recentes” ou os que poidan rexistrarse nas vindeiras semanas.


O Executivo autonómico puxo en marcha a finais de agosto un paquete de axudas para paliar os danos producidos en vivendas, explotacións agrogandeiras, negocios, empresas ou concellos a causa da vaga de lumes que afectou á comunidade o pasado verán. “Son moitas as que xa están abonadas”, indicou o presidente. En concreto, 19 foron para propietarios de vivendas afectados; outras 13 para paliar os danos en Terreos Cinexéticamente Ordeados (Tecores) e catro para negocios afectados.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Coa modificación do decreto de onte aprobada poderán beneficiarse destas achegas non só os afectados polos lumes do verán senón os que sufran algún dano polos incendios rexistrados a partir do 29 de agosto e ata finais de outubro.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para iso, tal e como explicou o presidente, “o prazo para solicitar estas axudas vaise ampliar ata o vindeiro 30 de outubro”. Deste xeito, poderán acceder a estas achegas os que tras os lumes do verán aínda non puideron recompilar toda a documentación necesario ou os afectados por incendios que se rexistren ata esa data. “Se fose necesario volveríase a ampliar o prazo”, indicou.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page