top of page

A Xunta adxudica por 1,7 M€ a mellora de 5 estradas ao seu paso por 8 concellos, entre eles Sobrado

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O contrato asinarase nos vindeiros días, e as obras comezarán previsiblemente en agosto


Ecos da Comarca/Sobrado

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven de adxudicar por importe de 1.764.815 euros as obras de mellora do firme en cinco estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña. O contrato asinarase nos vindeiros días e as obras comezarán, previsiblemente, ao longo do mes de agosto. Os traballos, adxudicados á empresa Canarga, S. L., contan cun prazo de execución aproximado de 5 meses.

O obxectivo da intervención é mellorar as características funcionais da vía e súa seguridade viaria en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

As actuacións consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade. Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.


O departamento que dirixe María Martínez Allegue continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación. 


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page