A Xunta abre o 7 a solicitude de praza no programa Vacacións Familiares nas residencias de tempo libre
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 1 Min. de lectura
Haberá 10 quendas de entre 6 e 7 noites tanto na residencia do Carballiño como na de Nigrán
Ecos da Comarca/Xeral
A Xunta anuncia que o vindeiro día 7 de maio as persoas interesadas poderán facer a súa solicitude para o programa Vacacións en Familia, que se desenvolve durante os meses de xullo e outubro nas Residencias de Tempo Libre autonómicas do Carballiño e de Nigrán.

O vindeiro mércores, día 6, publicarase a convocatoria do programa no Diario Oficial de Galicia (DOG), onde se detallarán as bases e o número de prazas previsto para este ano. O prazo para solicitar unha estadía estará aberto desde o día seguinte á publicación no DOG, é dicir, desde o xoves 7 ata o día 20 de maio, ambos incluídos.
PUBLICIDADE
Ao igual que en anos anteriores as asignacións de praza faranse por orde de solicitude, dando preferencia aos colectivos prioritarios: familias numerosas, monoparentais ou acolledoras, entre outros.
PUBLICIDADE
Nesta edición, mantéñense as dez quendas de entre seis e sete noites en cada unha das residencias durante os meses de xullo e agosto. O obxectivo é que máis de 2.400 persoas desfruten ao longo do verán deste programa que, un ano máis, mantén as tarifas de prezos conxeladas para facelo asequible a todas as persoas. Ademais, haberá descontos do 30% para as numerosas, as monoparentais ou as acolledoras, así como un 50% no caso dos menores de entre 2 e 12 anos.








Comentarios