top of page

A voceira do PSOE de Lalín, Alba Forno, escribe un artigo de opinión sobre as parcelarias

Ecos da Comarca/Lalín

A voceira do PSOE de Lalín, Alba Forno, envía este artigo de opinión sobre as parcelarias.



Un cuarto de século

"No 2001 nacía unha nova esperanza na parroquia de Vilatuxe: Anunciábase o decreto

de utilidade pública para a concentración parcelaria.


Veciños e veciñas, en especial os labregos, vían cerca o momento de poñer fin á dispersión das fincas, podendo así mellorar e modernizar as explotacións.

Alba Forno.
Alba Forno.

A reordenación e agrupación de fincas facilitaría a súa viabilidade, porque a terra sen

ordenar e sen acceso é incompatible coas explotacións modernas.


Agora, a piques de rematar o 2025, das 4 persoas que comezaron a pelexar hai un cuarto de século por esta concentración, xa faleceron tres. Unha delas deixounos esta mesma semana sen poder recoller os títulos de propiedade. Se falamos das explotación que había na parroquia, pódense contar cos dedos dunha man as poucas que sobreviviron ao proceso, máis logo a finalidade non se cumpriu. Podemos dicir que ao longo de todo este tempo o que fixo a Xunta de Galicia foi traizoar a confianza e comprometer o futuro do rural do noso Concello.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dirán que 25 anos non son nada, un cuarto de século, máis de dúas décadas é o tempo que leva agardando o a veciñanza polos títulos de propiedade das novas fincas. E iso

que o alcalde Crespo no mitin das municipais que deu en Vilatuxe en maio de 2015,

prometera que os títulos estarían en setembro dese mesmo ano. E pasaron máis de 10

desde esa promesa incumprida.


Nós dicimos que é demasiado tempo. A lentitude da concentración parcelaria é unha

evidencia do desprezo cara o rural galego e tamén cara os veciños e veciñas que apostaron polo rural e depositaron as súas esperanzas de futuro neste proceso de

concentración, que tan só se converteu nun desastre burocrático.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Debemos mudar o modelo, porque non só se trata de Vilatuxe, no noso concello a situación é similar se falamos do proceso de concentración parcelaria de Sello-Bermés-

Val, Cercio, ou mesmo de Losón-O Corpiño. Cando se rematen, non haberá quen precise as terras. Mentres, vemos como comunidades como Navarra resolven

procesos de concentración en 5-8 anos máximo.


Aínda así, hoxe tamén cabe felicitar aos veciños e veciñas de Vilatuxe e lembrar aos que non poderán ver este trámite, por fin, rematado".

Alba Forno

Voceira municipal do PSdeG-PSOE





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page