Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

"A vida en Agolada está sendo tranquila. Non hai nada como o ambiente natural do rural galego"

Actualizado: 13 jun 2021

"Sufrín un accidente no barco de pesca no que estibaba atún e ao ver o abandono brutal o que me vin sometido por parte de todos decidín buscarme a vida escribindo"

Francisco Javier Aboy co seu can Chamán.


ENTREVISTA AO ESCRITOR FRANCISCO JAVIER ABOY LOSADA QUE SE ACABA DE MUDAR A VIVIR AO MUNICIPIO DE AGOLADA


Laura Moure/Agolada

A parroquia agoladesa de Ventosa era o paraíso que estaba procurando o polifacético Francisco Javier Aboy Losada. Naceu en Gién, na comarca de Loiret, en Francia, cando seus pais emigraron para traballar. Viñeron para Galicia, cando el tiña dous anos. "Por iso nunca aprendín ese fermoso idioma. Meus pais falábano e escribían perfectamente, a pesar de non ter moitos estudos, pois naquela época, era moi difícil ir ao colexio. Había que traballar moi duro para levantar o país que estaba nunha ditadura. Estiveron no país galo, 14 anos, ata o 1975, que voltaron a súa terra". Agora el e seu pai viven no lugar da Laxe (Ventosa)

1. Dende cando vive en Ventosa e como acabou aquí?

Vivo non concello de Agolada dende ou 25 de maio do 2021 e empadroneime o 3 de xuño. Xa podo dicir, con orgullo, que son agolense ou agoleño. Levo anos buscando unha casa apropiada, para que meu pai estea cómodo e poida gozar do aire libre e rural, paseando por unha horta. Nantes, pernotábamos nun entresolo dun edificio con escaleiras que lle impedían saír á rúa. Ten 85 anos, é dependente de terceiro grao e ten unha discapacidade dun 75%. Eu son seu titor legal e fillo coidador. Puxen anuncios de procura nas redes sociais, en concreto non Facebook. Respondeume unha amizade que teño en común co alcalde Luís Calvo Miguélez, que se enterou, que neste lugar de Laxe, na aldea de Ventosa, había unha casa cun horto de planta baixa, que eran as características que nos interesaban e que ou alugueiro era económico. Púxenme en contacto con Luís e concertei unha entrevista con el para coñecelo en persoa. Presentoume á muller que me arrendou ou piso e o mesmo día tomei a decisión de vir para este novo fogar.


2. Como esta sendo a vida aquí?

Está sendo como me figuraba. Tranquila e silenciosa. Non hai nada como o ambiente natural do rural galego. Isto é vida e benestar, para quen sepa apreciala.


3. Que o que máis lle está gustando de Agolada?

Do pouco que coñezo ata o momento, gústame a sua historia antiga. Son afeccionado a buscar petróglifos, mámoas, dolmens/dólmenes e todo ou que estea relacionado cas artes rupestres, covas, prehistoria, etc. Tamén gústanme as contrucións da Idade Media e dos séculos anteriores e tamén os eventos das feiras artesanais e labregas que se celebran por esta comarca de Deza.


4. Como foi adentrarse na literatura cunha serie de cancións compostas para o grupo musical no que cantaba?

Foi unha experiencia agradable. Divertinme moito cando cantaba nese grupo que se chamaba “Carpe diem Carpe noctem”, xa hai máis de vinte anos atrás. Polo ano 1995, empecei a escribir cancións, animado pola xente que viña de cliente a un bar, onde eu traballaba de camareiro. Nas horas mortas, cando non había a nadie a quen servir e estaba todo feito, aproveitaba e escribía mentres escoitaba música de autores e compositores españois, como Héroes del Silencio, Elefantes, Joaquín Sabina, Extremoduro, Último de la fila, Enemigos, Nino Bravo, etc.


5. A música agora tenna aparcada?

Nunca fun músico profesional. Tampouco estudiei solfeo nin nada relacionado con esa marabillosa arte.Todo saíu por paixón. Agora só canto e toco tres cancións do libro, cando fago as presentacións e asino a obra.


6. Tamén teño entendido que lle gusta a fotografía.

Estudei fotografía artística durante dous anos no Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, que é unha escola de arte e oficios artísticos. Pero non puiden rematar os estudos, porque naquela época tiven que facerme cargo de miña nai, que estaba moi enferma. Faleceu de cancro o 6 de xuño do 2012.


7. Cando e como nace a súa afección pola poesía?

No ano 2009, sufrín un accidente no barco de pesca no que estibaba atún, no porto de Pobra do Caramiñal. A escaleira pola que subiamos e baixabamos os traballadores as bodegas de carga no cambio de turno, soltouse e precipiteime eu só ao vacío dende unha altura de seis metros. No 2010, perdín o emprego e estiven sete anos apuntado no paro, ata que no 2017, conseguín unha praza de mariscador como autónomo. Tamén tiven que darme de baixa, pois non fun capa