A veciña de Dozón Tamara García, 10ª absoluta na 10K San Martiño de Ourense
- ecosdacomarca

- 12 nov
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
O CD Biosbardo faise eco dos resultados das dúas proba máis destacadas desta fin de semana: 10K San Martiño de Ourense, proba oficial homologada e o Trail das Bestas en Muras, de máxima puntuación do ranking galego.
SAN MARTIÑO 10K - OURENSE
Ata a capital ourensá desprazouse un nutrido grupo de deportistas para tomar parte nun percorrido renovado e homologado pola RFEA.
FEDERICO LOSADA: Fíxose coa vitoria na súa categoría, M50 cun tempazo de 33’56’’ que ven a ratificar o seu gran estado de forma. "O noso deportista, máis especializado en probas de trailrunning fixo un paréntese na súa tempada para as probas de ruta na campaña de outono-inverno dando mostra da súa capacidade atlética", salienta o club.

A veciña de Dozón TAMARA GARCÍA: 10ª ABSOLUTA. "Unha carreira que nos
deixou sen alento, sendo un dos mellores resultados do seu palmarés, posto que facer un ‘top 10’ nunha proba deste nivel non está ó alcance de calquera. Cun tempazo de 38’19’’ Tamara deu unha mostra do seu gran potencial deportivo e a súa progresión nunha tempada que está sendo brillante a nivel deportivo".
TRAIL DAS BESTAS – MURAS
Na localidade lucense de Muras desputouse a proba oficial, puntuable como Ranking G3 da Federación Galega en 3 distancias: maratón, classic de 27km e Curto de 12k.
Publicidade
JOSÉ VOCES – Campión da categoría Master 2 na distancia de 27 km gañando así puntos importantes na súa clasificación para o ranking galgo.
Tamén na distancia de 27 km viviron un duelo polo acceso ó podio Kenia Estrada e Tere Dieste que compartiron xuntas gran parte da proba entrando 4ª e 5ª absoluta.
"Ter máis de 20 atletas correndo probas oficiais de xeito simultáneo durante unha fin de semana, ás portas do noso X Aniversario é un punto clave da evolución, en clave deportiva e social que atravesa o CD Biosbardo", recalca o club.







Comentarios