top of page

A veciña de Dozón Tamara García, campioa na nocturna Santyago 10k

Ecos da Comarca/Dozón

Deportistas do Club Biosbardo participaron a pasada fin de semana en distintas probas. Entre os corredores estivo a veciña de Dozón Tamara García que sumou un novo triunfo.


CAMPIONATO DE ESPAÑA ULTRA TRAIL

"Esta fin de semana 3 dos nosos deportistas desprazáronse ata a localidade guipuzkoana de Azpeitia para desputar o Campionato de España de Ultra Trail que a RFEA organizaba dentro da prestixiosa Domusa Teknik 40 mlk cos seus 65 quilómetros e 4 mil metros de ascenso. Preto de un millar de atletas optaban a facerse oco nunha das mellores probas do calendario nacional que estivo marcada pola meteoroloxía, un cambio de tempo que dificultaría a última parte da proba.. Eneko Hurtado, Jonathan Pérez e Iván Sangiao eran os

nosos tres deportistas en este Campionato", sinala o club.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

IVÁN SANGIAO – BRONCE NACIONAL ULTRATRAIL M35

Situado nos primeiros 30 postos, o deportista de Rábade controlaba a súa carreira desde un inicio, ó igual que tódolos representantes do equipo, focalizados na súa estratexia e sen deixarse levar pola fogosidade do inicio. Co paso das horas, Sangiao avanzaba ata o posto 23 no paso polo abastecemento do km 35 e coroando o penúltimo pico, Samiño, xa na posición 21º. "A partir de aí, o cambio de meteoroloxía fixo que as baixadas se conveteran e auténticos tobogáns, completamente limadas polo paso previo dos primeiros corredores. Tras numerosas caídas e golpes que lastraron a progresión do noso atleta a decisión foi manter o posto de categoría ata liña de meta facendo os últimos 15 km de carreira a un ritmo “conservador”. Finalmente, tras 65 km entraba en meta como o mellor dos galegos no evento, no posto 28 da clasificación xeral e co Bronce Master 35 con 7h 20’ de carreira".


Pola súa banda, Jonathan Pérez (8h29’) e Eneko Hurtado (11h11’) debutaban na distancia, sendo a súa proba máis longa ata a data rematando con boas sensacións a pesar complicarse moito o último tercio de competición a nivel meteorolóxico e polas condicións do terreo.

SANTYAGO 10K – TAMARA GARCÍA – CAMPIOA ABSOLUTA

Tras unhas semanas recuperándose da lesión e abandono no campionato de España de Trail por seleccións (Ibiza), Tamara García, veciña de Dozón, volvía por todo o alto adxudicándose unha das probas referentes para moitos atletas no calendario, a nocturna “Santyago 10k” que percorría as rúas da capital galega. "Un retorno que desde o club celebramos con enerxía e que nos fai pensar en vela desputar as seguintes citas galegas e nacionais que se veñen nas vindeiras semanas".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page