Laura Moure/Agolada/Cruces
A Asociación Agolada Rural, presidida por Rafael Méndez, organizou este venres, coincidindo coa tradicional feira do doce e coa XXV Mostra de Artesanía, unha poxa-feira. Esta tivo lugar na carballeira da Zanca e reuniu a uns 20 animais bovinos. Ademais, Agolada Rural sorteou unha becerra que vai para Vila de Cruces.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_8a0dd963037a41e08e5a8fc636a26338~mv2.jpg/v1/fill/w_130,h_97,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/0216be_8a0dd963037a41e08e5a8fc636a26338~mv2.jpg)
Pero sabedes de quen vai ser compañeira? Da vaca máis famosa de Vila de Cruces, de Lola de Bascuas. Esta novilla caera ao río o pasado mes de novembro e o seu rescate durou días e chamou a atención de diversos medios de comunicación que durante días fixeron un seguimento ata que por fin consegiu volver á súa casa. Hoxe o seu dono foi o afortunado da xornada e lévalle nova compañeira a Lola.
NOTICIA RELACIONADA CON ESTA FEIRA-POXA:
NOTICIAS RELACIONADAS CON LOLA: