top of page

A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia esclarece un incendio no concello de Silleda

O lume, que presentou 12 focos diferentes, foi provocado pola expulsión de cisco incandescente polo tubo da saída de gases dun tractor


Ecos da Comarca/Silleda

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) en Santiago de Compostela esclareceron un incendio forestal rexistrado o 2 de outubro no concello de Silleda.

Medios o día dese incendio en Silleda.
Medios o día dese incendio en Silleda.

O incendio rexistrouse na parroquia de San Miguel da Ponte e afectou unha superficie total dunhas 0,41 hectáreas, no que foron precisos diversos medios de extinción da Xunta de Galicia. Os axentes observaron durante a inspección ocular que, ao longo duns dous quilómetros dunha pista forestal asfaltada, producíranse 12 focos separados por metros uns dos outros. Tras realizar xestións posteriores, localizáronse unhas cámaras de vixilancia na zona das que se analizaron as imaxes, o que permitiu determinar que a causa do lume foi un tractor que, mentres circulaba, expulsaba cisco incandescente polo tubo da saída de gases, producindo os focos nos diferentes puntos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Logo de investigar en empresas próximas ao lugar do suceso, os axentes lograron identificar ao condutor do tractor, ao que se lle tomou declaración en calidade de investigado como presunto autor do incendio. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Lalín.


No que vai de campaña, a UPA leva 25 persoas detidas ou investigadas como presuntas autoras de incendios forestais.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page