top of page

A UE inclúe a mina de Touro entre os novos proxectos estratéxicos de materias primas críticas

hace 2 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

A mina de Touro e O Pino vén de recibir o recoñecemento da Unión Europea como proxecto estratéxico de materias primas críticas. A Comisión Europea anunciou este venres, 9 de outubro, unha segunda relación de 46 iniciativas seleccionadas para reforzar o abastecemento de minerais considerados fundamentais para a industria comunitaria, entre as que figura o proxecto de extracción de cobre promovido por Cobre San Rafael na comarca coruñesa. https://single-market-economy.ec.europa.eu/sectors/raw-materials/areas-specific-interest/critical-raw-materials/strategic-projects-under-crma/selected-projects_en

A iniciativa galega é o único proxecto de extracción de cobre en España incluído nesta selección. Na mesma listaxe figura tamén un proxecto de procesamento de wolframio promovido por Abenójar Tungsten, en Castela-A Mancha.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A decisión enmárcase na estratexia comunitaria para reducir a dependencia de terceiros países no subministro de materias primas esenciais para sectores como as enerxías renovables, os vehículos eléctricos, a defensa ou a industria aeroespacial.


A consideración como proxecto estratéxico permitirá que a iniciativa se beneficie de mecanismos de coordinación administrativa, da simplificación dos procedementos de autorización e de apoio para facilitar o acceso a financiamento público e privado. Porén, esta designación non implica a concesión automática de axudas europeas nin autoriza por si mesma a explotación mineira. O proxecto continúa pendente da correspondente declaración de impacto ambiental, un trámite determinante para o seu desenvolvemento.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A Xunta xa declarara a iniciativa como proxecto industrial estratéxico en xuño de 2024.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page