top of page

O primeiro espectáculo para público infantil e familiar de Outono a escena de Arzúa será o 10 de outubro

hace 18 horas
1 min de lectura

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este sábado a primeira actuación encadrada no programa Sábados en familia incluído na programación cultural Outono a escena pensada para dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas, cine e música para todos os públicos.

O certame ofrece este sábado, 10 de outubro, unha proposta para público infantil e familiar co espectáculo Dedín, dedín, dedal.

É un espectáculo creado por Andrea Bayer e Óscar Ferreira, de Baobab Teatro, pensado para enredar, rir e bailar. Unha proposta musical e teatral para as máis pequenas e pequenos da casa onde a palabra, os xogos, os contos e as cantigas están moi presentes. A idade recomendada para participar vai dos 3 aos 8 anos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A función terá lugar ás 18:00 horas na Capela da Madanela e a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García anima “a todas as familias a participar neste espectáculo para achegar ás nenas e aos nenos á cultura” tendo en conta, ademais, segundo salienta o concelleiro que “se está facendo un importante esforzo na programación de actividades dirixidas a público infantil e familiar, como o demostra que nove dos dezaseis espectáculos do programa de outono son dirixidos especialmente a este tipo de público”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page