O teatro voltou ao Centro Sociocultural Mingos da Pita
Momentos da obra esta tarde en Melide. Foto: Ecos da Comarca
Laura Moure/Melide
O Centro Sociocultural Mingos da Pinta acolleu esta tarde a función teatral A tropa do Doutor Milagre de Educateatro. Serviu para desconectar despois de todos estes días de confinamento. Os pequenos foron os que máis desfrutaron. A música marcou o ritmo do espectáculo e o público animou con palmas e tamén se uniu ao canto en compañía das personaxes da obra.
Comments