A Torre-Tulla de Fafián de Rodeiro xa é un Ben de Interese Cultural!
- ecosdacomarca
- hace 6 horas
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural acordou a inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC) da denominada Torre-tulla de Fafián, localizada no lugar do Outeiro, na parroquia de Santiago de Fafián, no concello de Rodeiro, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOGA). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250519/AnuncioG0766-120525-0001_gl.html

"A documentación achegada polo Concello de Rodeiro e a existente na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural acreditan a condición da Torre-tulla de Fafián como un elemento propio da arquitectura defensiva construída antes de 1849, e mantén, actualmente, as suficientes condicións de integridade e autenticidade para xustificalo. Por outra banda, o artigo 23 da LPCG establece que os bens declarados de interese cultural inscribiranse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, cuxa xestión lle corresponde á Consellería competente en materia de patrimonio cultural. Así mesmo, a disposición adicional quinta da LPCG referida aos bens declarados de interese cultural ou catalogados en virtude da lei, establece que: «[...] a consellería competente en materia de patrimonio cultural identificará e concretará a través do correspondente expediente os bens declarados de interese cultural ou catalogados en virtude desta lei».
Publicidade
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da notificación.
Publicidade
"Isto trátase dun logro da Concellería de Patrimonio dirixida por Xulia Dacal. Rodeiro xa conta cun novo BIC. Hoxe no DOG aparece a resolución que a fai efectiva. Desta maneira, executase un novo logro en Patrimonio, nunha área xestionada por Xulia Dacal. Esta é a primeira gran proposta nesta área de goberno aínda que o paso definitivo ten que ser adquirila por parte da administración local", recalca o tenente de alcalde, Alberte Lamazares.
Comments