top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A terceira edición da Feira do Mel Alvariza será os días 27 e 28 de xaneiro en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O apicultor David Liñares, organizador en colaboración do Concello de Lalín, presentou onte a terceira edición da Feira do Mel Alvariza, un evento xa asentado en Lalín dentro das actividades da Feira do Cocido, acompañado da tenente de alcalde, Paz Pérez, e do concelleiro de Agricultura, Marcos Mariño.


Publicidade

A feira desenvolverase os días 27 e 28 de xaneiro dentro da carpa do campo da feira, contando con 60 postos de venda de produtos e expositores relacionados coa apicultura, aderezada con charlas técnicas para iniciados e para expertos, conferencias, obradoiros, showcookings, actividades infantís, unha andaina, catas e degustacións de meles de Galicia e tamén de Rumanía, unha das novidades da cita.


Publicidade

O domingo 28 a feira tamén estará aberta ao público pola tarde, a diferenza do ano pasado que só o estivo pola mañá.


Publicidade


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page