top of page

A tempada de pesca continental de 2026 comezará en Galicia o 15 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

Con carácter xeral decláranse os luns como días inhábiles, agás os festivos nacionais ou autonómicos, e os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte


Laura Moure/Xeral

A tempada de pesca continental do próximo ano en Galicia comezará con carácter xeral o 15 de marzo e rematará o 31 de xullo, tal e como establece a orde anual publicada no Diario Oficial de Galicia na que se recollen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais da comunidade autónoma.


A tempada hábil para a pesca do reo, en xeral, comezará o 1 de maio e rematará o 31 de xullo. En todo caso, prorrogarase nos coutos de Betanzos, Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Xuvia e Lambre ata o 30 de setembro; e ata o 31 de agosto no caso de Ponte Arnelas, Pontevea e Sinde.

ree

A cota de captura establécese en dous exemplares por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 35 centímetros. No caso do río Eo compartido o talle mínimo será de 25 centímetros coa mesma cota de captura que no resto.


Sobre os engados artificiais, permítese a mosca artificial, culleriña, risco e peixes artificiais e semellantes. No que respecta aos naturais, autorízanse todos agás calquera tipo de ovas de peixes e o peixe natural; e en augas salmoneiras non se permiten os engados naturais. En canto aos engados artificiais nas augas salmoneiras, as características da culleriña deben ser dun máximo de 6,5 centímetros medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pesca da troita

Para esta especie a tempada comezará o 15 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña o inicio atrasarase ata o 1 de maio.


Como norma xeral establécese a posibilidade de capturar 6 exemplares ao día e por persoa, cunha talla mínima de 19 centímetros. En canto aos engados, son os mesmos que os da tempada pasada.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Por outra banda, este ano védanse en todas as masas de auga as seguintes especies: cangrexo de río, reñosa, espiñento, zamborca e anguía. A pesca da saboga só se autoriza no tramo do río Ulla comprendido entre a presa de Couso e a desembocadura entre o 1 de maio e o 7 de xuño. Védase o salmón en todas as augas continentais galegas. Así mesmo, autorízase exclusivamente dentro dos ámbitos territoriais que se indican na orde a pesca das seguintes especies exóticas invasoras: perca americana, carpa, cangrexo vermello americano e cangrexo sinal.


Xornadas hábiles

Con carácter xeral, decláranse os luns como días inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves serán hábiles unicamente para a modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto festivos nacionais ou autonómicos, que serán hábiles segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page