A Serra do Candán foi unha auténtica muralla protectora en Deza das últimas borrascas
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Artigo escrito polo xeográfo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas/Deza
A SERRA DO CANDÁN FOI UNA AUTÉNTICA MURALLA PROTECTORA NA COMARCA DE DEZA DAS BORRASCAS HABIDAS ENTRE O 10 DE XANEIRO E O 15 DE FEBREIRO DE 2026

Entre o 10 de xaneiro e o 15 de febreiro, nun intervalo de 37 días, Galicia e, polo tanto a Comarca de Deza, viuse afectada por un "tren de borrascas" pouco frecuente, a lo menos en canto a intensidade, duración e cantidade (número de borrascas consecutivas). En total foron sete borrascas, unhas detrás de outras (Joseph, Ingrid, Kristin, Leonardo, Marta, Nils, Oriana), as que chegaron a Galicia, procedentes do Océano Atlántico e descargaron grandes precipitacións en toda a Comunidade e, especialmente, na Serra do Candán.
A Serra do Candán, que se extende en dirección NNO-SSL ao longo duns 30 Km, acadando unha altura máxima de 1.000 metros (Alto de San Benito), constitúe unha auténtica barreira ao paso libre das borracas cara o interior e sobre a Comarca de Deza, en particular. No lado occidental da Serra, ladeira orientada cara o Atlántico, as precipitacións derivadas do paso de frontes (borrascas) son, polo xeral, superiores ao doble dos rexistros observados na ladeira oriental, a que forma parte do val do Deza.
Publicidade

Se analizamos os rexistros pluviométricos das estacións meteorolóxicas de Forcarei (lado occidental da Serra) e Lalín, Mouriscade (lado oriental da Serra), entre o 10 de xaneiro e o 15 de febreiro, podemos apreciar ese efecto de barreira da Serra do Candán. Aí están os datos:
Precipitacións totais en Forcarei: 1.085,3 mm
Precipitacións totais en Lalín: 555,5 mm
Precipitacións totais en Mouriscade: 586,8 mm
Isto quere decir que no sector frontal de Serra (barlovento) as precipitacions duplicaron ás rexistradas no sector oriental (sotavento), pero se efectuamos unha analise comparativa por días, hai veces nas que as precipitacións de barlovento case triplican ás de sotavento.
PUBLICIDADE
Un caso moi especial foi o paso da borrasca Joseph o día 26 de xaneiro, cun rexistro de 155,8 mm e Forcarei e tan só 61,7 mm en Lalín. Todo un exemplo do "efecto barreira" da Serra do Candán, no seu papel protector da Comarca de Deza.
Os datos rexistrados nestes últimos dous meses (xaneiro, febreiro) confirman o efecto distorsinador causado pola Serra do Candán respecto dos temporais que veñen do Oeste, orixinados sobre o Océano Atlántico.








Comentarios