top of page

A ruta de sendeirismo “As dúas beiras do Ulla”, que discorre por Cruces e Touro será o 12 de setembro

Xa está aberto o prazo de inscrición


Ecos da Comarca/Cruces/Touro

O programa de sendeirismo Goza do Ulla chega o vindeiro 12 de setembro a Vila de Cruces e Touro. “Os dous Concellos unímonos para camiñar xuntos polas dúas beiras do río Ulla. É unha actividade compartida para gozar do Ulla e o patrimonio natural que nos

une”, tal como indica a concelleira cruceña de Deportes, Noemi Lois.

Trátase dunha ruta circular de 10 quilómetros, de media intensidade, que discorre polos concellos veciños de Vila de Cruces e Touro. Esta ruta de sendeirismo fluvial permite coñecer a riqueza natural da contorna, a través de paisaxes de especial beleza e espazos de elevado valor ambiental, entre os que destaca a Fervenza de Rosende.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Será unha experiencia de contacto directo coa natureza e co entorno fluvial do río Ulla. Recoméndase o uso de bastóns de sendeirismo. Haberá avituallamento ao remate da ruta.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A inscrición é obrigatoria, cuxo prazo finaliza o 9 de setembro. O punto de encontro é Ponte Basebe e a saída está prevista para as 10 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Contacto e inscricións: Noemi Lois Blanco (Concelleira de Deportes de Vila de Cruces), teléfono 986 582 017 e correo electrónico noemi.lois@viladecruces.es 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page