top of page

A primeira sesión plenaria infantil de Silleda aproba incluír o Parque da Praza da Igrexa na Rede de Parques sen fume

A corporación que formou o alumando de 6º do CPR María Inmaculada elixíu alcalde, debatiu sobre distintas propostas e acordou instar ao goberno a construír o skatepark na praza Juan Salgueiro


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda viviu este venres unha emocionante xornada de portas abertas na que foi protagonista o alumnado de 6º do CPR María Inmaculada. Con este grupo, de 23 nenos e nenas, abriuse o programa de participación dos centros na vida municipal, que continuará o vindeiro venres día 3 co CEIP Plurilíngüe de Silleda e o venres 10 co CEIP Ramón de Valenzuela.


A xornada arrancou cunha visita e percorrido polas instalacións municipais, na que a

rapazada tivo a oportunidade de participar nunha serie de actividades e explicacións en

diferentes áreas municipais, co obxectivo de familiarizalos co funcionamento interno do

Concello e cos servizos que este ofrece á comunidade.


O percorrido pasou polos departamentos como o de Rexistro e Padrón, onde fixeron unha

instancia. Tamén nas dependencias da Policía Local os rapaces e rapazas aprenderon

cuestións sobre a seguridade pública ademais de superar un test sobre sinais de tráfico,

promovendo así a conciencia viaria.

A diversión e a aprendizaxe seguiron no servizos de Augas, Urbanismo, Servizos Sociais ou Xulgado de Paz, Urbanismo, Alcaldía ... Con dinámicas de xogo e mesmo atendendo unha chamada cidadá simulada, os participantes continuaron na primeira parte da sesión

coñecendo os distintos departamentos municipais.


A xornada rematou ca celebración dunha sesión plenaria, (que se retransmitíu en directo

pola canle de YouTube do Concello) na que se debatiron e acordaron por unanimidade dúas propostas: aprobar a adhesión do Concello de Silleda á Rede Galega de Parques Sen Fume, comezando polo parque situado na praza da Igrexa de Silleda, e instar ao goberno municipal a construír o skate park na praza Juan Salgueiro.


Publicidade

Os voceiros dos 4 grupos presentes (Partido Social de Silleda, Partido Solidario, Partido

Animalista e Veciños por Silleda, que formou o alumnado no centro traballando sobre a

proposta) defenderon con soltura as súas intervencións. Despois dunha primeira parte resolutiva na que asistiron a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e as concelleiras Mónica González e Angela Troitiño, procedeuse á elección de alcalde/alcaldesa.


O candidato con máis votos foi Telmo Taboada, do Partido Animalista, que prometeu o seu

cargo e recibíu o bastón de mando de mans de Paula Fernández, antes de presidir a sesión para o debate do estado do Concello de Silleda respecto das políticas de infancia e mocidade e atender a quedan de Rogos e Preguntas.


A dotación dun cine, a piscina climatizada, ou a renovación dos parques, protagonizaron

algúns dos rogos do alumnado nesta sesión. Dende o goberno municipal agradécese a todos os centros o traballo previo realizado ca rapazada nas aulas de cara a preparación da sesión.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page