A ponte festiva fai precisa a colaboración dos galegos nas campañas de doazón de sangue
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os galegos e galegas a doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva do 19 de marzo. O obxectivo desta campaña de doazón pasa por obter ao redor de 400 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos.

A coincidencia de datas festivas provoca unha lixeira diminución da participación, repercutindo no estado das reservas dos distintos grupos sanguíneos. Para paliar esta situación, as unidades móbiles da ADOS visitan esta semana 35 concellos galegos, con especial presenza en centros educativos universitarios, polo que o chamamento á participación fai fincapé nos nosos mozos e mozas, animándoos a doar no transcurso dos vindeiros días.
Publicidade
Labor asistencial
Cada día, os hospitais galegos atenden unha media de 2.800 urxencias, realizan 800 intervencións cirúrxicas e un transplante de órganos, así como realizan 1.600 atencións nos hospitais de día. Unha elevada porcentaxe desta intensa actividade asistencial precisa do sostemento de compoñentes sanguíneos que só é posible obter da doazón de sangue.
PUBLICIDADE
Co obxectivo de incrementar a participación dos doantes, as unidades móbiles da ADOS realizarán, no transcurso da presente semana, os seguintes desprazamentos:https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/022510/ponte-festiva-fai-precisa-colaboracion-dos-galegos-galegas-nas-campanas-doazon
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.








Comentarios