A Policía Local de Silleda investiga varios actos vandálicos rexistrados na parroquia de Laro
- Laura Moure

- hace 39 minutos
- 1 min de lectura
Os danos producíronse no campo de fútbol e no parque infantil, recentemente
renovado polo Concello
Laura Moure/Silleda
A Policía Local de Silleda está a investigar varios actos vandálicos rexistrados ao longo da última semana na parroquia de Laro, onde se produciron importantes danos materiais tanto nas instalacións do campo de fútbol como no parque infantil da localidade.

No caso do parque, que foi recentemente renovado polo Concello de Silleda, os danos afectan ao peche exterior, onde foron estragados varios elementos, entre eles algunhas das varandas instaladas na actuación de mellora deste espazo de lecer.
Os desperfectos son especialmente significativos no campo de fútbol. Alí rexistráronse danos nunha das portas dos vestiarios, na bancada e noutros elementos das instalacións. Ademais, apareceron numerosos cristais esparexidos sobre o propio terreo de xogo.
PUBLICIDADE
Desde o Concello de Silleda lamentan e condenan este tipo de comportamentos, que afectan a bens e instalacións de uso público e que finalmente prexudican ao conxunto da veciñanza.
A Policía Local está a realizar as correspondentes indagacións para tratar de esclarecer os feitos e identificar ás persoas responsables, ao tempo que se intensificará a vixilancia na zona co obxectivo de evitar novos episodios deste tipo.
PUBLICIDADE
Desde o Concello faise tamén un chamamento á colaboración cidadá e ao respecto polos equipamentos municipais, insistindo na importancia de conservar uns espazos públicos que pertencen ao conxunto da cidadanía.








Comentarios