Os afectados son unha menor e a súa avoa
Ecos da Comarca/Melide
Os axentes da Policía Local de Melide tratan de localizar a un condutor que proseguiu a marcha tras alcanzar co seu vehículo a unha muller e unha menor, tal e como informa o 112 Galicia.
Por fortuna, as persoas están ben,aínda que foron trasladadas ao centro de saúde da localidade para someterse a un recoñecemento médico.
Publicidade
Segundo a información recollida no 112 Galicia, este suceso produciuse sobre as 8:30 horas na Rúa da Martagona, na confluencia coa Rúa Cuba. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os axentes municipais e os voluntarios de Protección Civil.
Publicidade
Finalmente, a nena estaba ben, mentres que a señora, a súa avoa, lesionouse nun xeonllo.
Comentários