A Plataforma Veciñal Touro O Pino Mina Non anima á cidadanía á asistir á manifestación do 22 de marzo
- ecosdacomarca

- 7 mar 2025
- 2 Min. de lectura
Será na Pobra do Caramiñal e está convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
Ecos da Comarca/Touro
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) convoca á cidadanía á manifestación “En defensa do noso mar e da nosa terra” que terá lugar o 22 de marzo na Pobra do Caramiñal. Esta conta co apoio da Plataforma Ulloa Viva e da Plataforma Veciñal Touro O Pino Mina Non.

"Os proxectos de instalar a celulosa de ALTRI na Ulloa e de reabrir a mina de cobre en Touro o Pino son a principal ameaza para a saúde, o medio ambiente, a economía agropecuaria, a pesca o marisqueo, o turismo, o pequeno e mediano comercio e a industria máis sostible e productiva de Galicia. Non só están afectadas as comarcas directamente implicadas por estas instalacións, senon que a agresión afectará ao conxunto do país de forma moi destructiva. A comarca da Ulloa é o corazón de Galicia, de
onde parte unha das principais arterias, a Conca do ULLA, que leva a vida a un dos nosos pulmóns imprescindibles, como é a Ría de Arousa", destaca a Plataforma Veciñal Touro O Pino Mina Non.
E recalca que "medra a ameaza desta sombra negra ante a evidente inacción, senón complicidade, da actual Xunta de Galicia que está a promover a implantación destes proxectos, depredadores da riqueza natural do país, en favor de intereses económicos privados e en contra dos lexítimos intereses xerais da cidadanía galega. Todas as galegas e galegos, estamos afectados, imos no mesmo barco, e compre que nos movilicemos e presionemos aos poderes públicos para que, simplemente, cumpran coas súas obrigas de defender e garantir a saúde, o medio ambiente limpo, o benestar, a calidade de vida e as actividades económicas limpas e sostibles, evitando que este país se convirta en terreo de mera extracción e depredación das riquezas naturales que posúe".
"Porque todas e todos estamos no mesmo barco", recalca este colectivo da Comarca de Arzúa, "asumimos a convocatoria de PDRA e sumámonos ao chamamento a movilizarnos e asistir a esta manifestación que terá lugar o día 22 de marzo na Pobra do Caramiñal e que saírá, por terra e por mar, ás 12 horas da Estación de Autobuses".








Comentarios