A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non recibe o Premio Irmandade Moncho Valcarce 2025
- ecosdacomarca
- hace 20 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa
Os Premios Irmandade Moncho Valcarce 2025 recaeron na categoría “Pola Defensa da Terra” na Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non e na categoría “Pola promoción da Terra” na escritora Margarita Ledo Andión. A entrega dos recoñecementos tivo lugar este sábado, 10 de maio, no acto convocado pola Irmandade Moncho Valcarce.

"Agradecemos á Irmandande Moncho Valcarce que nos outorgaran este ano o recoñecemento na categoría “Pola defensa da Terra” que vimos de recibir; simboliza o recoñecemento de todas as persoas loitadoras, sensibles a estas situacións alí onde se dean, e buscan a maneira de combatilas; defendemos o noso territorio, defendemos o dereito a vivir no rural, defendemos os nosos medios de vida, temos o compromiso de facelo ahora máis que nunca, como lle gustaría a Moncho Valcarce e compartímolo con todas as loitas locais que defenden o territorio", sinala a plataforma veciñal.
Publicidade
A plataforma contra a mina de Touro e O Pino xurde en setembro de 2017 por decisión de veciñas e veciños dos concellos de Touro e O Pino, "nunha xuntanza que fixemos no salón social da parroquia de Bama, en Touro, ante a ameaza da reapertura da mina. Xa viviramos entre os anos 1976 e 1988 do século pasado a experiencia da mina, que foi culpable de expropiación de terras de cultivo e monte, da eliminación de numerosas fontes e pozos de auga de consumo da poboación e para os traballos agrograndeiros, ademáis da contaminación dos ríos do entorno da mina que chegou ata a o río Ulla, e que persiste máis de 35 anos dende que pechou a mina".
Publicidade
E lembran que "volveron cun proxecto de reabrirnos a mina no medio das aldeas, tivemos que facer un “curso” acelerado de como oponerños, como facerlles frente, e como gañar esa loita. Tivemos apoios, mestres, necesarios e indispensables, esa unión deu o seu froito, despois de moito traballo de moitísima xente, en 2020 conseguiuse a DIA negativa.
Pero non foi o remate. Volveron a presentar o proxecto para reabrir a mesma mina a finais de 2024, esta vez coa aprobación do Consello da Xunta, que aceptou declarar proxecto industrial estratéxico un proxecto que, a mesma administración, o declarara desfavorable catro anos atrás. Inexplicable. A loita contra a mina continua, as veciñas e veciños seguimos, case 8 anos despois, cun camiño andado e moito aprendido; non nos pillan de novas, e cos apoios que nunca faltan. Calquera persoa que sinta esta loita como propia e sea sensible a esta situación, forma parte dela alí onde se atope, a sua voz e os seus feitos axudarán a que non nos enmudezan como pretenden, porque aquí si protexemos o noso territorio", recalca a plataforma.
コメント