top of page

O alcalde de Touro, Roberto Castro, participou nun foro por unha transición ecolóxica xusta

O representante do Movemento Veciñal de Touro foi convidado por asociacións ecoloxistas


Ecos da Comarca/Touro

Roberto Castro Rocamonde, alcalde do Concello de Touro dende xuño de 2023, participou este martes nun foro por unha transición ecolóxica xusta que se celebrou en Madrid. A este encontro, o mandatario acudiu no marco da estratexia impulsada polo Movemento Veciñal de Touro "para a defensa do territorio e dos recursos naturais e patrimoniais deste municipio" onde goberna tralas eleccións locais de 2023, en coalición co Partido Galego.

Esta estratexia busca a colaboración do Concello de Touro co Goberno do Estado para a defensa da Integridade do río Ulla e da súa conca, a defensa do Camiño de Santiago e a Ruta Eurovelo 3, e o desenvolvemento económico sostible deste municipio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nas últimas semanas, o Concello mantivo contactos cos Ministerios de Industria e Cultura e Turismo, así como con asociacións implicadas nos asuntos, mediante os cales defendeu "a salubridade do río Ulla fronte ó proxecto GAMA, solicitando a negativa do financiamento de descarbonización a esta industria, a recuperación do Ramal Histórico do Camiño de Santiago por Touro, en conformidade co defendido por ICOMOS no seu informe, e a necesidade de estudar a posibilidade de adicar os fondos europeos a un proxecto público de minería urbana desenvolvido en Touro para recuperar minerais e metais estratéxicos sen necesidade de seguir destruindo o medio".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nas súas intervencións no foro, o representante de Touro manifestou "a necesidade de repensar os fundamentos económicos e industriais, e a ordenación da sociedade, sinalando que o actual modelo está pensado exclusivamente dende a perspectiva urbana e o seu desenvolvemento, e non ten en conta os impactos que xera no rural, onde os procesos de intensividade produtiva da agricultura e gandaría, a xestión dos residuos urbanos e o suministro de materias primas para a industria conlevan graves impactos para o medio natural e para as persoas". Defendeu así a necesidade de elaborar unha política dende a perspectiva do territorio.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page