top of page

A Plataforma Veciñal contra a Mina de Touro-O Pino recorrerá a autorización da nova liña eléctrica

hace 6 horas
2 min de lectura

Anuncia que interporá un recurso de alzada contra a recente Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta pola que se outorgan as autorización para adaptar Portodemouros para a liña eléctrica da mina


Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Veciñal contra a Mina de Touro-O Pino anuncia que interporá un recurso de alzada contra a recente Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia, publicada este mércores 16 no Diario Oficial de Galicia (DOG n.o 176 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260916/AnuncioG0763-270826-0001_es.html), pola que se outorgan as autorización administrativas, previa e de construción, á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. para a adecuación da posición 603 na subestación de Portodemouros (Vila de Cruces).

A dita resolución administrativa admite de xeito explícito que a obra ten como finalidade a “conexión dunha nova liña eléctrica provinte da Mina de Touro”. Malia estar directamente vinculada ao polémico complexo industrial-mineiro, a Consellería de Economía e Industria tramitou esta actuación como un axuste técnico de distribución, eximíndoa tanto de Avaliación de Impacto Ambiental como do trámite de información pública ao abeiro da Lei 9/2021.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Fragmentación de proxectos e indefensión veciñal

Desde a Plataforma Veciñal denúnciase que esta tramitación supón unha clara estratexia de "fraccionamento do proxecto para eludir unha avaliación ambiental conxunta e rigorosa". A entidade veciñal sinala que non se pode illar a infraestrutura eléctrica do impacto global, sinérxico e acumulativo que a posta en marcha da actividade da Mina de Touro-O Pino tería sobre os recursos hídricos, a paisaxe e o medio de vida do territorio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, a plataforma critica o bloqueo á participación cidadá ao acollerse á exención de información pública. "Esta práctica deixa na indefensión á veciñanza dos concellos afectados, que ve como se aproban infraestruturas enerxéticas destinadas á mina sen que se lles permita acceder ao expediente nin presentar alegacións coas debidas garantías ambientais e de participación".


Feitos consumados antes da resolución da mina

A Plataforma veciñal considera inadmisible que a Administración autonómica otorgue permisos e facilite infraestruturas de soporte para un proxecto mineiro aínda non autorizado e que conta cunha forte oposición social, ambiental e territorial. Trátase, a xuízo do colectvo, "dunha política de feitos consumados" que busca achandar o camiño á explotación mineira por partes".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Por todo isto, a Plataforma Veciñal contra a Mina de Touro-O Pino apurará o prazo dun mes para interpoñer o correspondente recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria e solicita formalmente a suspensión e revisión da autorización outorgada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page