top of page

O Pino abre as inscricións para as actividades culturais do curso 2026-2027

hace 9 minutos
2 min de lectura

As persoas adultas poderán participar en costura e bolillos en Arca, así como en memoria e risoterapia nas parroquias

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino abre o prazo de inscrición nas actividades culturais do curso 2026-2027, cunha programación dirixida a persoas adultas e menores que se desenvolverá en Arca e nos locais sociais das parroquias. As inscricións poden formalizarse no Centro Sociocultural Luis Seoane, mentres que os formularios estarán dispoñibles na páxina web municipal, nesta ligazón.

No Centro Sociocultural Luis Seoane impartiranse os cursos de costura e bolillos para persoas adultas, con sesións de dúas horas semanais. En costura poderase escoller entre as quendas dos luns pola tarde, de 16:30 a 18:30 ou de 19:00 a 21:00 horas, e a dos martes pola mañá, de 10:30 a 12:30 horas. O prezo será de 25 euros mensuais. As clases de bolillos desenvolveranse os mércores pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, cun custo de 35 euros ao mes.


A programación chegará tamén aos locais sociais das parroquias cos obradoiros de memoria e risoterapia, dúas propostas destinadas a favorecer o envellecemento activo, a convivencia e o benestar das persoas participantes. O prezo destas actividades será de 18 euros mensuais.


Para menores, ofértase costura creativa os luns de 16:30 a 18:30 ou de 19:00 a 21:00 horas, por 25 euros ao mes. Nesta actividade, as persoas participantes poderán realizar creacións e estampados en diferentes pezas téxtiles.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A aula aberta acollerá propostas variadas, como contacontos e manualidades. O seu horario concretarase segundo o grupo e a cota será de 5 euros mensuais.


A oferta inclúe tamén a actividade de ilustración dixital, deseño gráfico e intelixencia

artificial na aula TIC. O día e o horario estableceranse unha vez formado o grupo e a cota será de 24 euros ao mes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Como novidade, as persoas menores poderán participar nunha actividade de informática e

mecanografía. O horario concretarase segundo o grupo e o prezo será de 21 euros mensuais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

As persoas interesadas poden obter máis información no Centro Sociocultural Luis Seoane, no teléfono 981 511 065 ou na páxina web www.opino.gal

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page