top of page

A Plataforma Ulloa Viva mantivo contactos con todas as forzas políticas "para recadar apoios contra a celulosa de Altri"

BNG, Sumar e Podemos están a apoiar esta loita nas institucións e organismos nos que están presentes


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva, integrada por milleiros de veciños e veciñas afectadas polo proxecto da macrocelulosa que a empresa portuguesa Altri (a través de Greenfiber) pretende instalar en Palas de Rei, leva meses desenvolvemento un intenso traballo tanto social como político, na procura dos apoios precisos nas institucións para que a voz da veciñanza da zona sexa escoitada alá onde se debata arredor deste proxecto que supón un desastre medioambiental, socioeconómico e de saúde pública para o corazón de Galicia.


Froito desa labor de información ao respecto do proxecto de Altri en Palas de Rei, coa

análise dos datos oficiais do proxecto que a empresa ten a exposición pública no Diario

Oficial de Galicia (DOGA), a Plataforma Ulloa Viva recibiu o apoio do BNG, Podemos e

Sumar, formacións coas que se están a manter intensas sesións de traballo nestes días

arredor dos pasos a dar a nivel político e institucional ao respecto desta preocupación

veciñal que cada día medra nas comarcas da Ulloa, o Deza, Terra de Melide, Arzúa e a Ría

de Arousa, pasando ademáis polos 11 concellos aos que abastece o río Ulla ata a Ría de Arousa, que suman perto de 150.000 habitantes.

A Plataforma Ulloa Viva na procura da información que os veciños e veciñas demandan dende fai anos arrredor do Proxecto Gama de Altri en Palas de Rei, se ten posto en contacto en varias ocasións con todos os partidos políticos con representatividade tanto no noso país coma no resto do Estado e Europa. O presidente Alfonso Rueda recibiu neste tempo varias peticións desta Plataforma para manter algún tipo de contacto, con el ou apersoa que designase do seu goberno ou o seu partido, para aclarar as dúbidas e preocupacións da veciñanza ao respecto. "Nunca houbo resposta a estas peticións nin do señor Rueda nin do PP", sinala a plataforma.


Apoio do BNG

A Plataforma Ulloa Viva si acadou o respaldo do BNG contra a macrocelulosa de Altri en

Palas de Rei. A súa voceira parlamentaria, Olaia Rodil, coñeceu na zona hai preto dun mes

a problemática e neste tempo se ten posto de manifesto a oposición clara do BNG á

celulosa de Altri en Palas de Rei, con iniciativas coma a presentación de mocións do BNG

en contra deste proxecto en tódolos concellos onde os nacionalistas teñen representación.


Ademais o deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego e a eurodeputada do BNG Ana Miranda, tiveron xa encontros coa Plataforma e ofreceron a súa axuda e colaboración coas demandas da veciñanza afectada alí onde o BNG está presente.


O PSdeG ten confirmado á Plataforma Ulloa Viva a súa intención de manter encontros ao

respecto de Altri, un encontro que aínda non ten data e que a Plataforma agarda que se

produza en breve.


Sumar e Podemos

Tamén a Plataforma está en contacto con Podemos, concretamente coa súa voceira en

Galicia, Isabel Faraldo, que ten expresado en varias reunións coa voceira de Ulloa Viva,

Marta Gontá o posicionamento de Podemos en contra de Altri e a súa vontade de coordinar accións para poñer fin ás pretensións de Altri en Palas. Neste senso, nas últimas semanas foron varios os encontros telemáticos das voceiras Marta Gontá e Isabel Faraldo, xunto co concelleiro desta formación en Laxe, Fernando Regaldie, e o asesor da oficina da

eurodeputada de Podemos, Xabier Bandini. Podemos ten feito público que asume como

propias as reivindicacións da Plataforma e teñen amosado a súa enteira disposición.


“Estaremos onde sexa necesario e reclamaremos onde sexa necesario, da man da

Plataforma Ulloa Viva, para deter este atentado natural", asegurou Isabel Faraldo.


Publicidade

Esta mesma semana unha representación da Plataforma Ulloa Viva mantivo un encontro

con representantes de Sumar Galicia. Á reunión asistiron o seu voceiro, Paulo Carlos

López, os deputados no Congreso Verónica Martínez e Manuel Lago e a que foi en febreiro

candidata á Xunta, Marta Lois. Froito desta reunión quedou tamén claro o posicionamento

de Sumar en contra do proxecto da celulosa de Altri en Palas porque teñen claro que "non é sostible e vai conta o medio ambiente".


Sumar comprometeuse coa plataforma a facer todo o que estea nas súas mans para que a

celulosa de Palas non vaia adiante e ofreceron para iso a súa representación institucional en Madrid e Bruxelas para que a Plataforma Ulloa Viva poda explicar as reivindicacións dos veciños e veciñas da zona. Neste senso, a eurodeputada de Sumar Eugenia Rodríguez

Palop, vén de rexistrar unha pregunta na Comisión Europea sobre o encaixe do proxecto de Altri en Palas na concesión de fondos da UE, dacordo cos requisitos medioambientais que esixe Bruxelas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page