Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A parella formada polo melidense Miguel López e a valenciana Celia Zanón gaña 'Love Island España'

Obtén a primeira posición cun 50% dos votos dos fans e lévase 25.000 euros


Celia Zanón e Miguel López, tras proclamarse gañadores.

Autor: Love Island España.


Laura Moure/Melide

O melidense Miguel López foi o gran triunfador da primeira edición do programa televisivo Love Island España, que se emitiu durante mes e medio na canle Neox. Por un lado, atopou o amor ao lado da valenciana Celia Zanón e por outro, ambos gañaron o reality que celebrou a súa final este xoves. Adele e Jovan quedaron de segundos e Bea e Saúl, de terceiros.


Esta parella, que se enfrontaba a outras dúas, gañaron cun 50% dos votos dos fans e lévase 25.000 euros. A presentadora do programa, Cristina Pedroche, puxo a proba o seu amor: ofreceulles dous sobres e só un deles contiña o valor económico e quen o elixira, Celia ou Miguel, podía decidir se compartilo ou non coa súa parella. Tocoulle a Celia e ela confesou que por suposto, o que compartirá con el.


Que viva o amor!


Noticias relacionadas:

https://www.ecosdacomarca.com/post/miguel-lópez-un-mozo-de-melide-participa-no-programa-love-island-de-neox-para-buscar-o-amor


https://www.ecosdacomarca.com/post/o-melidense-miguel-lópez-chega-xunto-a-súa-parella-celia-zanón-á-final-de-love-island-españa?fbclid=IwAR26oogE5m77cKma1ZRiLdgpJL6Wv3g5Q6UVISctTtC7rbXIMPiBej5f74c


1,662 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE