top of page

O melidense Miguel López chega, xunto a súa parella Celia Zanón, á final de Love Island España

O programa acaba este xoves e aínda se pode votar pola parella favorita

Celia e Miguel.

Autor: Love Island España


Laura Moure/Melide

O melidense Miguel López é un dos finalistas da primeira edición do programa de televisión Love Island España, que este xoves chegará ao seu fin. Empezará ás 21:00 horas.


Xa pasou un mes e medio desde a chegada dos isleños a este concurso, emitido por Neox. O mozo de Melide, de 24 anos e electricista, parece que atopou o amor en Canarias ao lado da valenciana Celia Zanón. Convertéronse na segunda parella finalista e enfróntanse a outras dúas parellas formadas por Adele e Jovan e Bea e Saúl.


Celia e Miguel emocionáronse ao coñecer que foron a parella máis votada polo fans para lograr chegar á final, mentres que polo contra, esta nova non foi moi ben recibida polo resto de contrincantes porque ninguén apostaba por eles.


O amor entre Celia e o melidense está triunfando, pero para chegar ata aquí tamén tiveron que sufrir e pasar algún que outro obstáculo, que puxeron a proba o seu amor. Sobre todo, a súa inestibilidade viuse afectada trala chegada de Cynthia.


Celia Zanón é de Valencia, pero reside en Madrid, ten 26 anos e é enfermeira. E ela e Miguel xa decidiron que ao saír iranse a vivir xuntos. "Esto continuará", incide Celia, mentres que Miguel recalca "que isto é real".


A parella gañadora levarase un premio de 25.000 euros. Tras preguntarlle Cristina Pedroche, a presentadora do reality, en que invertirían este diñeiro, Miguel e Celia confesaron en facerlle competencia á ela e ao seu marido, Dabiz Muñoz, porque queren abrir un restaurante gourmet. "Chamarase El delfín gallego", comentou Celia.


Cabe mencionar que Miguel recibiu este mércores a visita de seus pais e a emoción foi grandísima. Ademais, eles trasladáronlle á parella que toda a familia está encantada con Celia.


Os interesados poden votar pola súa parella favorita a través da aplicación do programa:


Como foi o concurso?

Os concursantes conviviron nunha vila de luxo fronte ao mar en Canarias onde estiveron aillados e vixiados por máis de 65 cámaras. Cristina Pedroche é a encargada de presentar o programa e a localización escollida para gravar o reality é concretamente a illa de Gran Canaria. Os dez concursantes, entre eles o melidense, tiveron que emparellarse nunha primeira ceremonia deixándose levar polas súas impresións iniciais. Xuntos competiron en distintas probas, pero os dúos que formaron non foron irrompibles. Cada semana todos reunironse en torno a un lume e tiveron que se volver emparellarse, polo que puideron cambiar de acompañantes.


E ademais foron entrando novos solteiros e solteiras que acabaron trastocando o destino das relacións que alí se formaron. O obxectivo de todos os participantes foi permanecer sempre con alguén, xa que os que se quedaran sós foron expulsados do reality.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page