A ORGACCMM denuncia que a Medio Rural "non lle preocupa moito acabar cos lumes no territorio"
- ecosdacomarca

- hace 14 minutos
- 3 Min. de lectura
A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que o que fai esta Consellería é totalmente o contrario ao que necesita o rural galego
Ecos da Comarca/Xeral
A Organización Galega de Comunidade de Montes sinala que logo da traxedia social, económica, medioambiental e cultural que siñificaron para o territorio, e para as persoas que nel habitan, a vaga de lumes que tivo lugar este verán na que, segundo algúns datos, queimaronse más de 200.000 hectáreas do territorio, "á Consellería do Medio Rural semella que non lle preocupa moito rematar cos lumes do territorio". “Da a impresión que consideran que estes lumes son algo así como unha plaga bíblica que asolarán inevitablemente o territorio galego ano tras ano”, denuncia o presidente da ORGACCMM.

Para a organización galega de montes veciñais só "desde esta perspectiva fatalista pódese entender que hai uns días, a conselleira do Medio Rural anunciase que as medidas que vai tomar para combater os lumes do territorio o ano que ven van ser incrementar o orzamento para a prevención dos lumes (mais non indica en que vai a consistir esta prevención) e incrementar o tempo de traballo do persoal do servizo de loita contra os lumes". Medidas acaídas, pero claramente insuficentes para a ORGACCMM: “Se ante un problema concreto, se aplican unhas medidas que se amosan ineficaces por si soas, e ano tras ano se insiste nas mesmas medidas, fica claro que o problema convirtirase en perpetuo”.
Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes afirman que semella que a Consellería do Medio Rural "non ten moita preocupación por rematar cos lumes do territorio". E afirman isto porque nas medidas anunciadas, hai uns días pola conselleira do Medio Rural, para combater os lumes para o vindeiro ano, "nada fala de tomar medidas para ir eliminando as causas estruturais que provocan os lumes do territorio". "Causas estruturais como son a forestación salvaxe do terrritorio, o bicultivo forestal con especies pirófitas, a non rotura da continuidade das masas boscosas e o abandono e despoboación do rural galego".
Publicidade
Denuncian que o que fai a Consellería do Medio Rural é totalmente o contrario ao que necesita o rural galego. "Así aprobará unha nova moratoria para as plantacións de eucalipto que vai significar un novo incremento do territorio galego adicado a esta especie forestal". Ademais a Consellería pretente elaborar unha nova lei de montes veciñais para poder privatizar a xestión do monte veciñal. “A xestión asemblearia veciñal non é o problema, de feito os montes veciñais menos multifuncionais e sustentabeis son aqueles que estan xestionados pola propia Consellería do Medio Rural mediante convenios ou consorcios”, recalcan desde la Organización Galega de Comunidades de Montes.
Publicidade
Desde a ORGACCMM lembran que o que aconteceu este ano coa liña de axudas para a prevención e loita contra os lumes non pode volver repetirse. "Este ano, estas axudas non foron aprobadasa tempo e os traballos de prevención que se tiñan que facer nos montes veciñais, quedaron sen realizar. Hai varios meses a Consellería anunciou que se incrementaba o orzamento para estas axudas para este ano en curso, pero agora resulta que pasará esta axuda ao orzamento para o vindeiro ano. Por tanto, pérdese un ano enteiro nos traballos de prevención dos lumes e os montes veciñais quedarán máis expostos aos lumes forestais o ano que ven por mor da mala xestión da Consellería do Medio Rural".








Comentarios