Ecos da Comarca/Boimorto
A Ollada de Gustav tamén chegará a Boimorto e será esta mesma semana, o xoves 2 de febreiro. Trátase dun proxecto multidisciplinar que conxuga pasado e presente. Unha acción transversal para achegar varias actividades culturais a poboacións pequenas.
Neste caso haberá duas charlas divulgativas. A primeira, este xoves, que leva por título Bruxas e fadas, princesas e labregas. Figuras de muller nos contos galegos con Camiño Noia. Será ás 11:00 horas na Casa da Cultura.
Mentres, o mércores 1 de marzo tamén no mesmo sitio e hora terá lugar Etnomedicina e sabedoría popular a cargo de María Moure.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Chega o día 11 a Sobrado: https://www.ecosdacomarca.com/post/sobrado-dos-monxes-acoller%C3%A1-a-ollada-de-gustav-o-11-de-febreiro
Toda a información desta iniciativa: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-ollada-de-gustav-chega-a-palas-de-rei-boimorto-o-pino-e-sobrado-dos-monxes
Comments