A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará hoxe en Melide
- ecosdacomarca

- 29 dic 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Hoxe, luns 29, visitará o Cantón de San Roque a Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia, achegando servizos e asesoramento ás persoas retornadas e ás familias que están a preparar o seu regreso a Galicia:

Publicidade
Información e acompañamento nos programas de apoio ao retorno.
Axuda en trámites administrativos (sanidade, educación, seguridade social…).
Asesoramento tributario.
Orientación laboral e validación de títulos obtidos no estranxeiro.
Información sobre opcións de vivenda en Galicia.
Publicidade
Os interesados poden obter máis información e pedir cita previa a través do 900 102 380 ou da web emigracion.xunta.gal








Comentarios