top of page

A N-640 a altura da parroquia agoladesa de Esperante rexistra un atropelo dun xabaril

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

IsmaelRS/Agolada

A N-640 a altura da parroquia agoladesa de Esperante, cerca do desguace, rexistrou este xoves pola noite un atropelo dun xabaril.


Tal e como informa o 112 Galicia sobre as 22:30 horas recibían a chamada dun particular para informar do atropelo, indicando que o vehículo implicado sufrira danos, pero que o incidente non entorpecía o tráfico e que non había feridos.


O 112 Galicia deu aviso á Policía Local e a Protección Civil de Agolada, á Garda Civil e ao Servizo de Mantemento de Estradas.


Ao longo desta mañá, será Protección Civil de Agolada quen se encargue da súa retirada.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page