A N-547 ao seu paso por Arzúa rexistra un novo atropelo
- ecosdacomarca

- hace 24 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Este mércores, 26 de agosto, rexistrouse un novo atropelo na N-547 a altura do casco urbano de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 17:06 horas.

Tal e como informa o 112, tratouse dun atropelo na Rúa Lugo.
PUBLICIDADE
"Tal e como nos informou a Policía Local de Arzúa a persoa ía ser trasladada a un centro sanitario", sinala o 112 Galicia.
PUBLICIDADE
Cabe mencionar que tanto o Concello como a veciñanza levan semanas mostrando a súa preocupación pola falta de seguridade nesta estrada, que está rexistrando continuos atropelos e accidentes de tráfico. Xa presentaron 700 sinaturas ante o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. Máis datos: https://www.ecosdacomarca.com/post/arz%C3%BAa-env%C3%ADa-ao-ministerio-as-700-sinaturas-recollidas-para-reclamar-m%C3%A1is-seguridade-na-n-547








Comentarios