top of page

Arzúa envía ao Ministerio as 700 sinaturas recollidas para reclamar máis seguridade na N-547

Laura Moure/Arzúa

As 700 sinaturas recollidas para reclamar máis seguridade na N-547 ao seu paso pola localidade de Arzúa xa foron trasladadas ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

A pasada semana, o alcalde de Arzúa e a veciña que impulsou esta iniciativa deron entrada ás sinaturas recollidas ao longo das últimas semanas.


As sinaturas respaldan a petición de adoptar medidas urxentes para reducir os riscos na travesía de Arzúa, especialmente despois dos últimos atropelos e accidentes rexistrados.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

"Desde o Concello compartimos esta preocupación e vimos reclamando tamén ao Ministerio actuacións que melloren a seguridade viaria na N-547. Ao mesmo tempo, seguimos solicitando unha reunión cos responsables ministeriais para coñecer con transparencia as previsións e os prazos para o remate da A-54", sinala.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Arzúa, apunta o goberno local, "ten dereito a contar con información clara sobre unha infraestrutura que condiciona directamente o tráfico e a seguridade no noso concello.

Seguiremos insistindo para que se adopten medidas concretas na N-547 e para que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible dea resposta ás peticións formuladas desde Arzúa. Grazas a toda a veciñanza pola súa colaboración".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page