top of page

A morte do comercio local: ten culpables

Ecos da Comarca/Xeral

Sabedes cantos comercios locais botan o peche cada día? É unha auténtica sangría. Por poñer un exemplo cercano, en Melide, un concello galego coma tantos outros, pecharon seis negocios en só seis meses. E ollo, que isto non é algo exclusivo de Melide. Podería ser a historia de calquera vila ou cidade de Galicia, e mesmo de toda España. É unha realidade que nos golpea a todos.


Moitas veces, cando falamos disto, as culpas van directas á administración, á presión fiscal, aos impostos... e si, claro que teñen a súa parte de responsabilidade, non o imos negar. Pero paraches a pensar se nós, os consumidores, non temos tamén moito que dicir nesta historia?

Pensa un momento. Cantas veces escollemos a comodidade de comprar por internet dende o sofá? Facemos clic, metemos os datos da tarxeta e agardamos tranquilamente a que un repartidor nolo traia á porta. É doado, é rápido, pero ten consecuencias. Moitas veces, xustificámonos dicindo que o comercio local é caro, que non ten variedade, que non ten os nosos horarios... E con esa escusa, dámoslle as costas.


Preferimos a frialdade dunha pantalla antes que o sorriso da persoa que te atende na tenda da esquina, esa que sabe o teu nome, que che pregunta pola familia e que che aconsella coñecendo os teus gustos. Esa persoa que paga os seus impostos aquí, que crea emprego na nosa contorna e que mantén as nosas rúas vivas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Logo, cando paseamos por esas mesmas rúas e vemos un local pechado tras outro, con carteis de "Véndese" ou "Alúgase", lamentámonos. Botamos as mans á cabeza e preguntámonos que está a pasar coas nosas vilas. Pero a resposta, en gran parte, témola nós mesmos, nas nosas decisións de compra diarias.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cada vez que escollemos unha gran plataforma en liña en lugar da tenda do noso barrio, estamos a poñer un cravo máis no cadaleito do comercio local. Pretendemos que as nosas accións non teñan consecuencias, pero téñenas, e moi graves. Estamos a construír vilas pantasma, sen vida, sen servizos e sen esa alma que só o pequeno comercio pode dar.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A próxima vez que necesites algo, pénsao dúas veces. Quizais ese pequeno esforzo de saír da casa e achegarte á tenda da túa rúa non só che dea un produto, senón que tamén esteas a investir no futuro do lugar onde vives. A decisión é túa, pero o futuro é de todos..




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page