A xuventude agoladesa celebra a súa comida de Nadal e dálle vida a un novo santo
Laura Moure/Agolada
Cada un ten devoción a quen quere. Pero o que realmente ten por devoción a mocidade de Agolada é a súa amizade dende cativos. Distintas xeracións seguen unidas como unha piña no bo e no malo. E a vida hai que celebrala e por iso, os mozos e mozas de Agolada xúntanse para celebrar máis dunha vez. Non vaiades pensar que o fan unha vez no ano! Que va! O San Pedro e o San Pablo son datas marcadas no calendario, pero tamén o é, entre outras, a súa comida de Nadal! Celebrárona este sábado, día 16. Pero sabedes que? Nesta ocasión foron máis alá e tamén lle deron ese toque relixioso.
Si, si. Como di a canción de C. Tangana e Nathy Peluso, "Yo era ateo, pero agora creo"... pois non sabemos se algún destes mozos é ateo o que si nos queda claro é que a partir de hoxe serán devotos do seu santo: o Santo Aqua Latam!
Publicidade
E quen sempre está atento e non se lle escapa racha e o noso querido veciño Ángel Utrera que coa súa cámara na man non deixa momento sen filmar e que quedará para a historia. Así que hoxe cando o Santo Aqua Latam saíu en procesión polas rúas de Agolada, alí estaba Utrera para fotografiar o seu primeiro paseo ao que seguía a bendita xuventude do municipio!
E isto foi o que escribiu o propio Utrera:
"O Conclave cardenalicio reunido de urxencia na cidade do Vaticano aprobou por unanimidade e foi así refrendado polo Santo Pai, que o SANTO AQUALATAM, sexa dende hoxe elevado os altares para culto, oración e veneración de todos os dos creíntes de Agolada. Dende hoxe o Santo Torrisco de Lalín, pasa o segundo lugar do Santoral máis irrespetuoso e irreverente
Alabado sexa, por sempre, o noso novo Santo, milagreiro a máis non poder, porque milagre é reunir sen descutir a xuventude toda de Agolada, en paz e harmonía para celebrar as festas do Nadal".
Publicidade
E como en toda festa non faltou a música. A xuventude bailou pola mañá a ritmo dunha charanga e despois da sobremesa cun dúo tal e como nos comenta un deles, José Mejuto. E por suposto que tamén houbo comida. Desfrutaron dun xantar de confraternidade na Parrillada Golada.
Publicidade
Sen dúbida, o Santo Aqua Latam triunfou entre os seus fieis e o que tamén reinou foi o sentimento de afecto e confianza entre amigos e amigas, porque ese é o verdadeiro e o máis bonito significado da amizade.
Comments