top of page

A melidense Rocío Mellid Carballal convértese en doutora con 28 anos tras unha destacada traxectoria

O seu doutoramento, desenvolvido na Facultade de Farmacia, centrouse na investigación de partículas similares a virus como posibles candidatas a vacinas, cun especial foco no virus do Ébola


Laura Moure/Melide

Hai seis anos, a melidense Rocío Mellid Carballal recibía o Premio Extraordinario Fin de Grao Antonio Casares Rodríguez ao mellor expediente académico da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Hoxe, con tan só 28 anos, vén de acadar un novo e importante fito ao converterse en doutora, culminando con éxito unha traxectoria marcada pola excelencia académica.

Rocío Mellid.
Rocío Mellid.

"Converterme en doutora foi unha gran satisfacción despois de todo o traballo realizado durante cinco anos, pero sobre todo por todo o que puiden aprender durante o camiño", sinala Mellid.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O seu doutoramento, desenvolvido na Facultade de Farmacia, centrouse na investigación de partículas similares a virus como posibles candidatas a vacinas, cun especial foco no virus do Ébola, un ámbito de estudo de grande relevancia científica e sanitaria a nivel internacional. O traballo foi valorado moi positivamente polos seus resultados e pola súa achega ao coñecemento no campo da investigación biomédica. "O virus do ébola sempre me chamou a atención pola súa gran letalidade. A verdade é que nunca imaxinei acabar investigando neste ámbito e poder contribuír dalgún xeito ao desenvolvemento de vacinas que poderían axudar a controlar futuros brotes", destaca a melidense.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este novo logro consolida a proxección investigadora de Mellid Carballal e confirma o talento científico que xa quedara patente durante a súa etapa universitaria, cando foi recoñecida como a mellor estudante da súa promoción.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Un éxito que é motivo de orgullo para Melide e para toda a súa comarca, e que exemplifica o valor da formación, do esforzo e da investigación como motores de futuro.


Entrevista

En 2021, cando recibiu o Premio Extraordinario Fin de Grao Antonio Casares Rodríguez, fixémoslle a seguinte entrevista: https://www.ecosdacomarca.com/post/os-farmac%C3%A9uticos-mantiv%C3%A9monos-en-primeira-li%C3%B1a-na-pandemia-reducindo-a-carga-nos-hospitais




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page