O Consello da Xunta nomeu para este cargo a Lara Meneses Álvarez
Ecos da Comarca/Lalín
O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Lara Meneses Álvarez como directora xeral de Xuventude na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Graduada en Estudos Franceses e máster en tradución, substitúe no cargo á lalinense Cristina Pichel Toimil P, responsable desta área desde decembro 2018.
Lara Meneses nada en Tomiño (Pontevedra), ten 26 anos e leva traballado ata o de agora no sector privado.
Publicidade
Pola súa banda, Pichel é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e foi redactora do Faro de Vigo e o ABC. Despois traballou no gabinete de comunicación do conselleiro de Cultura e Turismo, o lalinense Román Rodríguez. Pichel foi nomeada en decembro de 2018 directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para substituír a Cecilia Vázquez Suárez.
Comments