top of page

Silleda presenta ao empresariado de Área 33 a actuación de mellora viaria e reorganización do tráfico

Cun investimento de case 138.000 euros, contempla a mellora de máis de 2,2 km de viario cun novo firme, reforzos nos cruzamentos e renovación da sinalización horizontal e vertical


Laura Moure/Silleda

O salón de actos do Viveiro de Empresas do polígono Área 33 acolleu o xoves unha reunión informativa na que a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, xunto coa concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González, expuxeron ao empresariado os detalles da actuación que se levará a cabo nas vindeiras semanas na primeira fase do parque empresarial.

ree

A intervención, cun investimento de case 138.000 euros, contempla a mellora de máis de 2,2 quilómetros de viario cun novo firme, reforzos nos cruzamentos e renovación da sinalización horizontal e vertical. Ademais, introducirase un novo deseño de circulación en sentido único, coordinado coa Policía Local, co obxectivo de mellorar a seguridade e a operatividade no polígono.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un dos aspectos máis valorados polos asistentes é que esta reorganización permitirá tamén gañar novas zonas de estacionament, xa que ademais da delimitación e pintado das prazas existentes, habilitaranse dous novos puntos para o estacionamento.


Durante a xuntanza recolleuse a opinión do empresariado sobre aspectos como o tráfico interno e o aparcamento, incorporando algunhas propostas que serán estudadas agora polos técnicos municipais e pola Policía Local. A alcaldesa subliñou que esta actuación “é fundamental para garantir unhas infraestruturas viarias para dar servizo ás máis de 80 empresas asentadas no polígono, mellorando non só a seguridade, senón tamén a imaxe e a funcionalidade deste espazo estratéxico para o noso municipio”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O prazo para a presentación de ofertas desta actuación, que está xa en fase de licitación, remata o vindeiro luns día 15.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page