A ITV agrícola estará en Agolada do 28 de febreiro ao 3 de marzo e do 6 ao 8 dese mesmo mes
É necesario solicitar cita previa
Laura Moure/Agolada
Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Agolada do 28 de febreiro ao 3 de marzo e do 6 ao 8 de marzo. Como de costume situarase no campo da feira.

O horario será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás o 3 de marzo que será só en horario matinal.
Para solicitar cita previa os interesados poden pedila a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web: www.sycity.com
"A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias".