Superou máis de seis veces a taxa máxima de alcohol e carecía de carné, entre outras cuestións
Ecos da Comarca/Agolada
O pasado día 7 unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda civil de Lalín tivo coñecemento dun accidente de circulación ocorrido na estrada EP-6009, no termo municipal de Agolada. Ao chegar ao lugar comproban, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandacia de Pontevedra, que o accidente consiste nunha saída de vía por marxe dereita dun turismo que choca cun muro, e que o condutor e único ocupante resulta ileso.

Dito condutor presenta síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que lle realizan as preceptivas probas de alcol, cun resultado de 1,57 mg/l, o que supón máis de seis veces a taxa máxima permitida que é de 0,25 mg/l en aire expirado.
Publicidade
Resulta ser un veciño de Agolada, de 54 anos, o cal carece de permiso de condución ao non obtelo nunca, polo que é investigado por senllos delitos contra a seguridade viaria ao conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas superando a taxa que supón delito, e por conducir carecendo de permiso. As dilixencias instruídas serán remitidas ao Xulgado de Garda dos de Lalín.
Ademais denúnciase administrativamente por carecer o vehículo de seguro obrigatorio e non pasar a ITV dentro do prazo establecido.
Comentários