A Garda Civil detén a un veciño de Silleda como presunto autor de tres agresións sexuais
- ecosdacomarca

- hace 44 minutos
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro-Ames (A Coruña), no marco da operación “MILLASTALKER”, procedeu á detención dun home de 45 anos, veciño da localidade de Silleda , como suposto autor de tres delitos de agresión sexual cometidos o mesmo día no núcleo urbano de Milladoiro.

A investigación iniciouse o pasado mes de maio por mor dunha denuncia presentada por unha das vítimas, quen foi abordada de forma sorpresiva e intimidatoria no portal da súa vivenda polo agora detido co fin de índole sexual. A vítima logrou zafarse do agresor e fuxir do lugar para solicitar auxilio e poñerse a resgardo. Froito das primeiras indagacións e da descrición física achegada, a Garda Civil puido determinar que o agresor repetiría este mesmo patrón delituoso no municipio ese mesmo día en, polo menos, outras dúas ocasións máis.
En todos os casos, o autor aproveitaba situacións de baixa visibilidade na vía pública e a total falta de vinculación previa coas mozas. Tras unha exhaustiva análise das contornas onde se cometeron os feitos, logrando situar a un home que coincidía plenamente co perfil descrito. A pesar da dificultade inicial para a súa identificación, o desenvolvemento das pescudas policiais permitiu pescudar que o sospeitoso se desprazara expresamente desde outra provincia galega para cometer as agresións, regresando ao seu domicilio inmediatamente despois.
PUBLICIDADE
A operación culminou coa localización e detención do implicado no concello de Silleda ao que se lle imputan formalmente tres delitos de agresión sexual. A Garda Civil remitiu os datos e o modus operandi acreditados nesta actuación ao resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, co obxectivo de cruzar información e colaborar de forma activa no esclarecemento doutros posibles feitos delituosos de idéntica natureza que puidesen quedar rexistrados no territorio nacional.
PUBLICIDADE
As dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda dos de Santiago de Compostela.








Comentarios