top of page

A Garda Civil detivo a un home de Guitiriz polo roubo de maquinaria agrícola valorada en máis de 60.000€

Leváronse a cabo substraccións en Vilasantar, Mesía, Curtis e Sobrado durante os meses de setembro e outubro


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

A Garda Civil do Posto de Curtis, en colaboración co Equipo ROCA (Roubos no Campo) da Comandancia da Coruña, procederon á detención dun individuo no marco da Operación “BORSUS” como suposto autor de cinco delitos de furto e un delito de roubo con forza.


O detido é un home de 29 anos de idade e veciño de Guitiriz, a quen se lle atribúe a subtracción de numerosa maquinaria agrícola nas localidades coruñesas de Vilasantar, Mesía, Curtis e Sobrado durante os meses de setembro e outubro.

Cisterna Roubada. Fonte: Garda Civil
Cisterna Roubada. Fonte: Garda Civil

O individuo utilizaba leiras da súa propiedade onde posúe varias cabezas de gando, situadas nos termos municipais de Guitiriz (Lugo) e Oza - Cesuras (A Coruña), como "agocho" para os efectos subtraídos. O detido tiña especial coidado en ocultar os obxectos á vista de terceiros.

 Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tras as investigacións, a Garda Civil logrou recuperar e entregar aos seus lexítimos propietarios material cuxo valor ascende a máis de 60.000 euros.


O material recuperado inclúe:

  • Tres tractores.

  • Un remolque cisterna.

  • Dúas rozadoras. Unha trituradora.

  • Un pastor eléctrico.

  • Varias cabezas de gando.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A Garda Civil da Coruña quere destacar que a colaboración cidadá resultou fundamental para o éxito e a resolución positiva das investigacións. Por iso, expresa o seu máis sincero agradecemento a todas aquelas persoas que cooperaron para esclarecer estes feitos.


O detido xa foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Betanzos.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page