A Garda Civil destapa un “cambiazo”de condutor nun accidente tras un envorco
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 2 Min. de lectura
O verdadeiro condutor era un mozo sen puntos no carné que duplicaba a taxa de alcol permitida
Ecos da Comarca/Xeral
O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia investigou a un home e unha muller por orquestrar un engano tras un sinistro viario ocorrido no municipio de Teo (A Coruña). Os implicados tentaron ocultar a identidade do verdadeiro condutor para eludir a acción da xustiza e estafar á súa compañía de seguros. Os feitos producíronse o pasado 20 de marzo na estrada DP-0205.

Un turismo sufriu unha saída de vía e envorcou, quedando o habitáculo do condutor completamente esmagado. No lugar, catro persoas aseguraron aos axentes do Destacamento de Santiago de Compostela que o vehículo o conducía unha muller, quen, sorprendentemente, non presentaba nin un só rasguño. Esta "incongruencia lóxica", sumada ao excesivo tempo que tardaron en avisar aos servizos de emerxencia, puxo en alerta aos investigadores do GIAT.
Tras unha exhaustiva investigación e toma de testemuños, os axentes confirmaron que no coche só viaxaban tres persoas e non catro. O grupo pactara unha versión falsa para encubrir ao verdadeiro condutor: un mozo que carecía de permiso de conducir por perda total de puntos e que, ademais, lanzou unha taxa de alcol de 0,52 mg/l (máis do dobre do permitido).
Publicidade
Ao tentar atribuír a responsabilidade do accidente a unha persoa que non conducía, ambos foron postos ao dispor xudicial como presuntos autores de: Falsidade documental. Estafa (en grao de tentativa contra a aseguradora). Delitos contra a seguridade viaria nos seus diferentes graos de autoría.
Publicidade
A Garda Civil lembra que mantén aberto unha canle confidencial para informar sobre delitos ou infraccións a través do correo colabora@guardiacivil.org ou mediante o seu formulario web oficial.








Comentarios